Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

           

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

FOTO_WEB_Boxeador.png

Sobre Regueifas

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Economía y Competitividad.

A exposición e confrontación de ideas é consustancial ao coñecemento científico. A actividade do debate busca expor e dar a coñecer as posturas, fundamentos e argumentos das distintas posicións ao redor dun tema. Ademais, cumpre unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa do mesmo, permitindo con iso formar opinións fundamentadas na sociedade, chegando mesmo a conseguir cambiar posturas de partida ou a profundar e enriquecer a postura propia.


A rapidez e sobreexposición á información na que vivimos carece moitas veces da análise e escrutinio capaz de formar unha opinión fundamentada libre de prexuízos ou visións partidistas.


Por iso pensamos que propor debates ao redor de temas de enorme actualidade e transcendencia para a sociedade, con relatores de formación e capacidade excepcionais son unha resposta adecuada que desde o ámbito universitario débese ofrecer á sociedade. Os debates que propomos serán intelixentes, actuais, provocativos e audaces; pero tamén ordenados, disciplinados, e informativos.

Por que "regueifas"?

Unha regueifa é unha disputa dialéctica improvisada e en verso entre dúas persoas sobre un tema determinado.  

Aínda que en realidade... unha regueifa é un molete de pan adornado con ovo, azucre ou caramelo, coma un roscón, que se preparaba para as vodas. Cando se daba unha disputa deste tipo, o gañador levaba como premio a regueifa, que polo xeral compartía co resto dos invitados.

 

 

Podes seguir as novas do proxecto e axenda de eventos tamén a través dos medios sociais

Cómo chegar

Os debates celébranse no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que está aquí.

Podes vir en transporte público collendo o bus número 15 ou o 5. Se queres comprobar a túa ruta, podes premer aquí.

Se vas vir no teu coche, no campus hai prazas de aparcamento dabondo e moi preto temos o aparcamento do Auditorio de Galicia, de entrada libre e con 200 prazas (Mira na imaxe as zonas marcadas de vermello).

Podes escribirnos a info@regueifas.org ou encher este formulario

Nome *
Nome