Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Apoia o proxecto, merca a túa camiseta!

Leonor Parcero

Regueifas_Ref_Cami_Oscura.png

Por vez primeira, Regueifas de Ciencia pon á venda camisetas coa imaxe do evento. Se es fan de Regueifas e queres aportar o teu gran de area para que siga medrando, colabora e presume de camiseta!

Busca o stand na entrada do evento.

- Rosaura Leis -

Leonor Parcero

Profesora Titular de Pediatría na Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora do Grupo de Traballo en Nutrición Pediátrica da Sociedade Española de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica.

Coordinadora da Unidade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica da área Asistencial de Pediatría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago

Líder do Grupo de Investigación en Nutrición Pediátrica do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago.

Membro do CiberObn. Vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica.

- Rafael Urrialde -

Leonor Parcero

Director de Nutrición e Saúde en Coca-Cola Iberia. Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid. Posgrao en Nutrición, Escola de Nutrición da Universidade de Granada. Técnico especialista en Ciencias Ambientais, Instituto Universitario de Ciencias Ambientais da Universidade de Madrid.

 

Foi membro de distintos comités consultivos e grupos de traballo a nivel nacional e internacional relacionados coa saúde, alimentación e nutrición. Tamén foi Director da área de Sanidade e Alimentación da UCE (Unión de Consumidaores de España).

Na actualidade é membro de diferentes comités científicos relacionados coa alimentación e a nutrición e anteriormente foi o representante en distintos comités científico-técnicos relacionados coa Seguridade Alimentaria e a Nutrición e a saúde en xeral. 

Ademais é membro do Comité Científico de Instituto Madrileño de Estudos Avanzados-IMDEA alimentación.

Autor e coautor de publicacións científicas e capítulos de libros, así como de materiais e soportes científico-técnicos relacionados coa educación en alimentación e nutrición. 

 

- Enrico Frabetti -

Leonor Parcero

É de nacionalidade italiana, casado cunha española e pai de dous nenos. É politólogo e experto en relacións internacionais pola universidade de Bolonia. Desde hai un ano e medio é Director de Política alimentaria, Nutrición e Saúde en FIAB (Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas). Anteriormente estivo traballando durante dez anos como secretario xeral adxunto na Federación Europea de Industrias Cárnicas, en Bruxelas. 

 

Volve Regueifas de Ciencia!

Leonor Parcero

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Economía y Competitividad.

 Regueifas de Ciencia celebra a súa segunda edición repetindo localización, mais aportando novos debates e relatores sobre temas candentes.

 O primeiro debate terá lugar o vindeiro martes 28 de marzo ás 20.00h, na Facultade de Comunicación da USC coa pregunta de partida: “Promove a industria unha alimentación sa?”

 

Tras o éxito da súa primeira edición, á que asistiron preto de 1.500 persoas ao evento en vivo, volve Regueifas de Ciencia, unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela que busca a aprendizaxe e o enriquecemento da audiencia a través da organización de debates sobre temas clave para a sociedade.

Ao longo do 2016, saltaron ao ring de Regueifas de Ciencia destacados persoeiros de diferentes campos e debatiuse sobre transxénicos, o posible cambio de fuso horario, experimentación animal e incluso sobre o eterno dilema de se ciencia e fe son compatibles. Algunhas das caras máis coñecidas entre os relatores da primeira edición foron Jorge Mira, JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Fernando Savater ou Fernando Sánchez Dragó.

Un dos aspectos máis interesantes da iniciativa é precisamente que os relatores teñen perfís moi variados: científicos, filósofos, escritores, investigadores, divulgadores, xornalistas, profesores... logrando conformar entre todos unha magnífica fonte de información para a audiencia sobre temas que, a priori, poderían non ser sinxelos de comprender e sobre os que pode costar posicionarse.

Malia que estamos rodeados de información e que temos todo o coñecemento ao noso alcance, a rapidez da mesma e certa sobreexposición impide unha análise en profunidade e, en consecuencia, dificulta a conformación dunha opinión informada e libre de prexuizos.

Esta actividade, que se celebra no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, pretende facilitar esta tarefa. Regueifas de Ciencia son eventos de libre acceso (ata completar aforo), retransmítense por streaming e quedan gravados, sendo posible gozar dos debates á carta dende a web do evento ou a súa canle de YouTube.  

O debate

O estilo destes debates denomínase tipo “Oxford”, o que implica que hai dous equipos (neste caso formados por dúas persoas), un moderador e tempos pautados para cada intervención (intervecións, réplicas e contrarréplicas).

Ademais, ao final ábrese unha quenda de preguntas para que o público poida resolver as dúbidas que lle puidesen quedar despois de escoitar os argumentos das partes.

Votación electrónica

Outro dos aspectos innovadores de Regueifas de Ciencia é que o público pode opinar. Antes de empezar co debate, preguntarase ao público con cal das dúas opinións está, realizando unha votación electrónica, mais non se da a coñecer o resultado. Ao rematar o debate, o moderador repetirá a pregunta, o público responderá de novo e será entón cando se publicarán os resultados, podendo analizar deste xeito se houbo cambios de posición na audiencia.

Primeira Regueifa de 2017

A primeira Regueifa de 2017 xirará en torno á pregunta de partida “Promove a industria unha alimentación sa?” e terá lugar o vindeiro martes 28 de marzo, ás 20.00h en Ciencias da Comunicación (USC). Os relatores serán, por unha banda, Rosaura Léis Trabazo, que é pediatra, profesora da USC e Coordinadora de la Unidad de Nutrición Pediátrica del CHUS e José Manuel López Nicolás, profesor de Bioquímica da Universidade de Murcia, Director da Unidade de Divulgación Científica da UM, autor do blog Scientia e do libro "Vamos a comprar mentiras”. Na posición contraria estarán Enrico Frabetti, director de Política Alimentaria, Nutrición e Saúde da Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas (FIAB) eRafael Urrialde de Andres, director de Saúde e Nutrición en Coca-Cola Iberia.

 

Regueifas de Ciencia pecha a súa primeira edición cun debate sobre ciencia e fe

Leonor Parcero

  • Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT. É un conxunto de debates con estrutura tipo Oxford que se celebran ao longo do ano 2016 na Facultade de Comunicación da USC.
  • A primeira “Regueifa” tratou o tema dos transxénicos, a segunda sobre a posibilidade dun cambio de fuso horario para España e na terceirase está xustificado o uso de animais en experimentación científica. Este último debate tratará sobre se ciencia e fe son compatibles. Será o xoves 10 de novembro ás 20.00h.
  • Un equipo estará formado polo escritor e xornalista Fernando Sánchez Dragó e o físico e teólogo Emili Marlés e o outro polo divulgador e xornalista Antonio Martínez Ron e Juan Ignacio Pérez “Iñako”, coordinador da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU.

 

O coñecemento e o sistema científico permitiunos aumentar a nosa esperanza de vida de xeito abraiane, dos 30 anos de media mundial de comezos do século XIX aos 71,4 actuais. Permitiunos incluso pisar a superficie da lúa e descubrir as partículas subatómicas, mais para algúns a ciencia non é capaz de ofrecernos un coñecemento pleno e o mesianismo científico é cego e inhumano e non conseguirá a plena satisfacción do ser humano.

Así, xérase unha dualidade. Para uns de extremos contrarios epara outros complementarios. Por unha banda están as relixións, basadas na fe, as crenzas e a espiritualidade, e por outra a ciencia, racional, escéptica. Son compatibles? Pode a ciencia por si soa explicalo todo? Un maior progreso científico implica o declive da relixión? Poden os científicos profesar algunha fe relixiosa? Hai cabida para a espiritualidade nun mundo no que a ciencia avanza a pasos de xigante? É a ciencia unha nova relixión en si mesma? Son moitas as preguntas que aparecen e complicadas as respostas.

Hai persoas que sosteñen que é posible unha coexistencia de ciencia e relixión e persoas que consideran que son excluíntes. Entre aqueles que pensan que son compatibles, atopamos ao coñecido novelista e xornalista Fernando Sánchez Dragó, que debatirá no mesmo equipo que o sacerdote teólogo e físico Emili Marlés. Nas filas dos contrarios a esta postura temos ao xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron e a Juan Ignacio Pérez, Iñako, que, entre outras cousas, é coordinador da Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.