Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Mulleres e homes, homes e mulleres: A postura de Regueifas de Ciencia

Leonor Parcero

Antes de nada, queremos darche as grazas por seguir Regueifas de Ciencia.

Hai explicacións moi difíciles de dar, pero agora que estamos rematando a segunda edición, imos tratar de facelo.

Desde a organización de Regueifas sentímonos moi comprometidos e prestamos unha atención moi especial á visibilidade da muller na ciencia, pero podes crernos se che dicimos que ás veces non é nada sinxelo, especialmente nalgúns campos.

Por un lado, igual que hai áreas nas que a maioría de investigadoras e expertas son mulleres, tamén pasa ao contrario.

Doutra banda, en moitas ocasións as invitadas orixinalmente non aceptaron participar e por máis insistencia que tivemos desde a organización por convencelas ou por substituílas con outras invitadas igualmente válidas, non foi posible e o evento quedou con presenza unicamente masculina. Non é algo premeditado ou malintencionado. 

O que non podemos (e non debemos, porque temos un compromiso) é deixar de facer un debate porque logo de buscar con todo os nosos esforzos non deamos atopadomulleres de primeiro nivel e referentes no seu campo que estean dispoñibles nas nosas datas.  Ás veces é unha cuestión de axenda e as datas das Regueifas non sempre se poden mover. Cando estamos montando o debate e nos atopamos nesa situación, a calidade e a traxectoria dos convidados está para nós por riba de todo.

Regueifas de Ciencia ten ademais unha dificultade engadida, e é que debemos convidar persoas que se sitúen claramente e estean cómodas defendendo en público unha postura concreta. É dicir, que para estar en Regueifas non é suficiente con ser un experto ou experta recoñecido nun tema. Isto non é que dificulte ter convidados mulleres, é que reduce as opcións en todos os casos.

Ás veces quen ven é unha muller, ás veces quen ven é un home. Pero todos os convidados de Regueifas foron escollidos baixo criterios obxectivos, tendo en conta a súa traxectoria e solvencia, nunca por pertencer a un sexo ou a outro.

Con todo, comprometémonos a seguir facendo esforzos para visibilizar ás mulleres que traballan en ciencia e tecnoloxía. Porque algo sexa difícil non quere dicir que non haxa que traballar para melloralo.

Grazas, de novo, por seguir Regueifas de Ciencia.

 

 

- Carlos Martínez -

Leonor Parcero

Carlos_Martinez_Regueifas_de_Ciencia_Santiago.png

Carlos Martínez Alonso doutorouse en Inmunoloxía pola Universidade Complutense de Madrid en 1978. Foi nomeado Presidente do CSIC do 2004 ao 2008 e Secretario de Estado de Investigación do 2008 a Decembro da 2009
 

CARREIRA INVESTIGADORA
Realizou a súa carreira investigadora en varias institucións: A Clínica Puerta del Hierro (Universidade Autónoma de Madrid), o Instituto de Inmunoloxía de Basel (Basel, Suíza), a Facultade de Medicina de Umea (Umea, Suecia), o Instituto Pasteur (Paris, Francia), o Instituto Tecnolóxico de California (Pasadena, California, USA), o Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (Madrid), con distinuas estancias no Instituto de Inmunobioloxía da Sociedade Max Planck en Friburgo (Friburgo, Alemaña), o Instituto do Cáncer de Ontario (Toronto, Canadá), a Compañía Millenium Pharmaceuticals en Boston (Boston, USA). Actualmente traballa no Centro Nacional de Biotecnoloxía onde foi Vicedirector e fundou e dirixiu o Departamento de Inmunoloxía e Oncoloxía de 1996 ao 2004 grazas a un acordo de colaboración coa compañía farmacéutica Pharmacia/Pfizer. 
Como Inmunólogo, contribuíu de maneira significativa ao coñecemento da activación dos linfocitos e a súa implicación nas enfermidades autoinmunes e as infeccións. Realizou máis de 470 publicacións nas revistas máis prestixiosas. Baixo a súa direccion formáronse excelente PhD e posdoctorales que ocupan na actualidade o liderato en institucións académicas e compañías internacionais. 

ACTIVIDADES ACADÉMICAS
É membro da European Molecular Biology Organzation (EMBO) e foi durante 6 anos membro do seu Comité Cientifico, da Academia Europea, da Academia Hassan II de Marrocos e Doutor Honoris Causa por varias Universidades. É membro do comité editorial de varias publicacións e afeccionado á divulgación da ciencia en xornais, radio e televisión
Foi representante da Unión Europea no Comité Científico da NATO, Presidente da EMBC (European Molecular Biology Conference), Vicepresidente do Padroado de EMBL (European Molecular Biology Laboratory), Vicepresidente de EUROHORCS (European Heads of Research Organizations) e membro do comité executivo de ESF (European Science Foundation). Foi Chair da convocatoria de ERC Starting Grants en 2007 e Chair de Life Science panel para o programa Synergy Grants da ERC en 2012 e 2013. Actualmente é membro de paneis da ERC e membro do Comité Cientifico Asesor do Instituto Veneciano de Medicamento Molecular (Padova) e do Consello Social da Universidade Politécnica de Madrid. 

ACTIVIDADES COMO XESTOR E INNOVADOR
Foi membro do padroado de CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial), do comité executivo da National Library, Presidente do INIA (Spanish Institute for Agrobiology), do Carlos III (Spanish Institute for Health Research), do IAC (Institute of the Canary Islands), do IEO (Spanish Institute of Oceanography), do IGME (Instituto Geologico de España) e do CIEMAT (Center for Energy, Environmental and Technological Research). Con Antonio Bernad e Cristina Garmendia, fundo a compañía de biotechnologia Genetrix, e con Alfonso Valencia, Roderic Guigo e Jose Dopazo, a compañía de bioinformática Alma. 

RECONOCIMIENOS
Recibiu varios premios entre os que destacan: Spanish Royal Society of Natural Sciences, a Fundación Ciencias da Saúde, o DuPont Prize for Science, o Carmen e Severo Ochoa, o Rei Jaime I Award for Scientific Research, o Lilly Award of Investigación Preclínica, o Government of Castela and León Prize, o International Galen Award for Scientific Research, o Spanish National Award of Medicine Gregorio Marañón, e o International Award for Science and Technology of the Government of México. Polos seus méritos foille concedida a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil. 

- Aubrey de Grey -

Leonor Parcero

Aubrey_de_grey_Regueifas_Ciencia_Santiago.jpg

O Dr. Aubrey de Gray é un xerontólogo biomédico afincado en Mountain View, California, Estados Unidos. É o Director Científico da SENS Research Foundation, unha organización biomédica sen ánimo de lucro de California que realiza e financia investigación de laboratorio orientada a combater o proceso de envellecemento. Tamén é vicepresidente New Technology Discovery at AgeX Therapeutics, unha empresa de biotecnoloxía que desenvolve novas terapias no campo da xerontología biomédica. Ademais, é Redactor Xefe de Rejuvenation Research, a revista de maior impacto do mundo revisada por pares, centrada na intervención no envellecemento.

Recibiu a súa licenciatura en Ciencias da Computación e doutorouse en Bioloxía na Universidade de Cambridge. Os seus intereses científicos inclúen a caracterización de todos os tipos de dano celular e molecular autoinflixidos que constitúen o envellecemento dos mamíferos e o deseño de intervencións para reparar e/ou evitar ese dano. O Dr. De Gray é membro da Gerontological Society of America e da American Aging Association e forma parte dos consellos editoriais e científicos de numerosas revistas e organizacións. É un orador moi solicitado que imparte unhas 40 ou 50 conferencias ao ano en eventos científicos, universidades, empresas en áreas que van desde farmacéuticos a seguros de vida e ao público xeral.

- Vicente Bellver -

Leonor Parcero

Vicente_Bellver_Regueifas_ciencia.JPG

Vicente Bellver Capella é Catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía Política e Director do Departamento de Filosofía do Dereito e da Política da Universitat de València. Os seus campos de investigación son os dereitos humanos, a ecoloxía política, a bioética e o Bioderecho. Publicou tres libros: Ecología: de las razones a los derechos” (1994), “¿Clonar? Ética y Derecho ante la clonación humana” (2000, traducido a italiano no 2002) e "Por unha bioética razonable" (2006). Tamén publicou máis de 170 traballos en revistas científicas ou como capítulos de libros. Foi membro do Comité Director de Bioética do Consello de Europa (2002-2008) e o é do Comité de Bioética de España. 

 

- Richard Faragher -

Leonor Parcero

Richard_Farragher_Regueifas_ciencia.JPG

Richard Faragher é Profesor de Xerontoloxía Biolóxica na Universidade de Brighton e foi presidente da British Society for Research on Ageing, da International Association of Biomedical Gerontology e da American Aging Association. Estudou no Imperial College e desenvolveu o seu doutoramento na Universidade de Sussex. A súa principal liña de investigación é a relación entre a senescencia celular e o envellecemento do organismo. En 2002 o seu traballo sobre a enfermidade de envellecemento acelerado Síndrome de Werner, valeulle a Medalla ao descubremento científico máis destacado da Royal Pharmaceutical Society Conference Science. En 2005 foi o primeiro científico da historia en recibir o premio Help the Aged pola súa defensa dos maiores e as súas investigacións no seu beneficio. En 2010 convertiuse no primeiro británico en recibir o premio Paul F. Glenn pola súa investigación no mecanismo biolóxico do proceso de envellecemento. É profesor visitante no Moscow Institute of Physics and Technology e pertence ao comité editorial das revistas científicas “Age” e “Mechanisms of Aging and Development”.

O Profesor Faragher foi membro do Consello Asesor Científico da ONG Research into Ageing e nos paneis de estratexia e financiamento para o BBSRC, o National Institutes on Ageing dos EUA e a Unión Europea. De 2005 a 2008 foi codirector do programa BBSRC-EPSRC SPARC, unha rede de investigación deseñada para poder levar a cabo investigación interdisciplinar en envellecemento a nivel nacional. En 2015 convertiuse no primeiro británico en ser elexido para formar parte da xunta directiva da American Federation for Aging Research, a principal organización sen ánimo de lucro nos Estados Unidos que apoia e promove o envellecemento saudable a través da investigación biomédica. En 2016 foi recoñecido co premio máis importante polos servizos á xerontoloxía en Reino Unido, a medalla Lord Cohen of Birkenhead.