Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

Benvidos a Regueifas de Ciencia!

Leonor Parcero

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente aoMinisterio de Economía y Competitividad.

A exposición e confrontación de ideas é consustancial ao coñecemento científico. A actividade do debate busca expor e dar a coñecer as posturas, fundamentos e argumentos das distintas posicións ao redor dun tema. Ademais, cumpre unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa do mesmo, permitindo con iso formar opinións fundamentadas na sociedade, chegando mesmo a conseguir cambiar posturas de partida ou a profundar e enriquecer a postura propia.


A rapidez e sobreexposición á información na que vivimos carece moitas veces da análise e escrutinio capaz de formar unha opinión fundamentada libre de prexuízos ou visións partidistas.


Por iso pensamos que propor debates ao redor de temas de enorme actualidade e transcendencia para a sociedade, con relatores de formación e capacidade excepcionais son unha resposta adecuada que desde o ámbito universitario débese ofrecer á sociedade. Os debates que propomos serán intelixentes, actuais, provocativos e audaces; pero tamén ordenados, disciplinados, e informativos.

Se queres estar ao día de tódalas novidades e eventos, agardámoste nesta web e nas redes sociais! 

BENVIDOS