Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

Primeiro debate! Son os transxénicos unha opción válida e segura?

Leonor Parcero

Como xa sabes, en Regueifas de Ciencia queremos propor debates vivos e apaixoantes sobre temas de interese. Pois ben, aquí tes a nosa primeira proposta, queremos que veñas ao debate "Son os transxénicos unha opción válida e segura?".

O formato do debate é tipo Oxford, isto é, hai un moderador, tempos controlados, e dous bandos. Dous equipos de posturas enfrontadas formados por expertos no tema, persoas relevantes no seu eido que defenderán a súa postura.

Ti tes claro de qué lado estás? Veremos se ao salir do debate segues no mesmo!

O debate terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro venres 8 de abril e os poñentes serán:

  • Blanca Ruibal, Responsable de Agricultura e Alimentación de de Amigos da Terra
  • José Luis Yela, entomólogo e profesor titular de Zooloxía y Bioloxía da Conservación na Facultade de Ciencias Ambientais e Bioquímica.
  • J.M. Mulet, profesor titular de biotecnoloxía (área de bioquímica e bioloxía molecular) na Universidade Politécnica de Valencia, Director do Máster de Biotecnología Molecular e Celular de Plantas (CSIC-UPV) e investigador no Instituto de Bioloxía Molecular e Celular de Plantas (IBMCP).
  • Francisco García Olmedo,  doctor enxeñeiro Agrónomo e licenciado en Química. Catedrático da Universidade Politécnica de Madrid. Ten investigado sobre enxeñaría xenética das prantas na ETS de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade Politécnica de Madrid.