Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Bases

Regueifiñas 2018

I concurso de debate escolar

Cartel_Regueifinhas_2018.png

Coa colaboración de

 

Premios ofrecidos por

 

Regueifiñas é parte de Regueifas de Ciencia 2018, unha iniciativa da USC financiada pola FECYT e coa colaboración de Leonor Parcero&Co. Comunicación Científica.

Regueifiñas é unha competición de debate escolar, mantendo o formato de Regueifas de Ciencia, é dicir, de tipo Oxford.

É importante que consultes as bases completas aquí. Descárgaas e estúdiaas con calma. A continuación podes ver un pequeno resumo:

Quen pode participar?

Estudantado de centros galegos de 3º e 4º da ESO, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.

como se pode participar?

É necesario facer unha presinscrición neste formulario antes do 21 de decembro. Haberá que enviar o vídeo coa candidatura antes do 1 de febreiro. Os dous finalistas competirán entre si en Santiago de Compostela no mes de marzo.

premios

O debate final celebrarase en Santiago de Compostela e será retransmitido por streaming. Regueifiñas convidará aos equipos finalistas e aos seus compañeiros de clase, facéndose cargo dos gastos de desprazamento. Ademais do debate, os finalistas e compañeiros gozarán de diferentes e especiais visitas guiadas no campus universitario.

Os finalistas gañarán, por chegar á final, unha suscrición para os seus centros da revista Investigación y Ciencia e unha camiseta oficial de Regueifas de Ciencia.

O equipo gañador levará camisetas para todos os compañeiros e compañeiras de clase.