Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

           

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Eventos


Jun
1
8:00pm 8:00pm

Debemos priorizar a seguridade fronte á privacidade dixital?

  • Facultade de Ciencias da Comunicación (map)
  • Google Calendar ICS

A segunda Regueifa de 2017 leva pregúntanos se debemos priorizar a seguridade fronte á privacidade dixital.

Os avances nas tecnoloxías da información e comunicacións multipicaron de xeito exponencial a nosa capacidade de comunicación e de intercambio de información, modificando de xeito radical as dinámicas da sociedade, da nosa vida e da nosa intimidade. Xa non hai distancias nin barreiras, todo está ao noso alcance e xa non hai fronteiras.

Esta situación pantéxanos dous retos principais: a seguridade e a privacidade.

Como consecuencia da nosa actividade diaria, imos deixando un rastro dixital que pode poñer en risco a nosa privacidade. Protexela é esencia, pois diso depende a nosa liberdade.

Pola outra banda, ameazas coma o terrorismo nos impoñen unha serie de medias, como a vixilancia masiva, necesarias para a prevención deste ou outros ataques contra a nosa integridade, contra a nosa vida.

Ademais, este reto non só se nos plantexa dende a perspectiva das forzas de seguridade ou as axencias de intelixencia, tamén está o mercado. As empresas tecnolóxicas ou o sector publicitario teñen un papel tanto ou máis importante neste asunto que os propios gobernos (lembremos, por citar un caso recente, o caso do iPhone e o FBI).

Como xa nos dixo Bentham, saber que estamos sendo observados ou simplemente pensar que podemos estalo afecta ao noso comportamento e nos priva da nosa liberdade, porque o vixilante está na nosa cabeza.

En consecuencia, o debate está moi vivo: existen garantías de privacidade fronte ao estado ou as empresas? Os nosos datos persoais... son nosos? Se a nosa lexisación garantiza a nosa privacidade, estamos dando espazo aos criminais? Estamos sendo observados? 

Os relatores deste debate serán:

Marta Peirano, xornalista eldiario.es, fundadora de Cryptoparty Berlin e co-directora de COPYFIGHT

Paloma Llaneza, Avogada especialista en Dereito Tecnolóxico

Eduardo Casas, Corpo Nacional de Policía, Unidade de Investigación Tecnolóxica

Alberto Calero, Enxeñeiro Telecomunicación, A&J Calero e Maven7

View Event →
Mar
28
8:00pm 8:00pm

Promove a industria unha alimentación sa?

  • USC Facultade Ciencias da Comunicación (map)
  • Google Calendar ICS

 

A primeira Regueifa de Ciencia de 2017 xira en torno á pregunta de partida "Promove a industria unha alimentación sa?"


Os produtos alimenticios comparten un trazo cos farmacéuticos: a súa inxesta ten un efecto directo sobre a nosa saúde, aínda que no caso dos primeiros adoita manifestarse máis a longo prazo. Con todo, ao contrario que os farmacéuticos, non contan necesariamente cun profesional intermedio (como pode ser o médico ou farmacéutico) que velan pola súa adecuada administración. Sen este profesional, a información que recibe o consumidor acerca dos produtos alimenticios é con frecuencia a emitida polos propios produtores. Esta información, que adoita adquirir forma de publicidade, tende a destacar as propiedades favorables dos produtos, obviando (e en ocasións, negando) as nocivas. A caracterización das devanditas propiedades adoita ser froito de estudos de investigación realizados polos propios axentes da industria alimentaria; por este motivo, cando aparecen informacións contraditorias, xérase unha sensación de desconfianza no consumidor, que mesmo chega a sentirse estafado. Queda así nunha posición na que lle resulta difícil tomar decisións informadas acerca da súa alimentación e, por tanto, da súa saúde. Nesta Regueifa queremos analizar o papel da industria alimentaria á hora de deseñar unha dieta sa. Son fiables os resultados das investigacións patrocinadas pola industria alimentaria? Deben os alimentos anunciar alegacións de propiedades saudables nas etiquetas? É suficiente o control que hai sobre a publicidade da industria alimentaria? Deben as industrias alimentarias patrocinar ás sociedades médicas?

Para ter unha visión completa do tema, participan do debate dous equipos, un deles formado por Rosaura Léis Trabazo, Pediatra, Profesora da USC, Coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS e José Manuel López Nicolás, Profesor de Bioquímica da Universidad de Murcia, Director da Unidad de Divulgación Científica da UM, autor do blog Scientia e do libro "Vamos a comprar mentiras".

Do outro lado, forman equipo Enrico Frabetti, Director de Política Alimentaria, Nutrición e Saúde da Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas (FIAB) e Rafael Urrialde de Andres, Director de Salud y Nutrición en Coca-Cola Iberia.

View Event →
Nov
10
8:00pm 8:00pm

Son compatibles ciencia e fe?

O cuarto e derradeiro debate de Regueifas de Ciencia en 2016 terá lugar o xoves 10 de novembro en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: o debate tipo Oxford. Catro relatores, dous que defienden unha postura e outros dous que defienden a contraria: dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados.

Neste caso, los relatores serán:

  • No bando do SI: Fernando Sánchez Dragó con Emili Marlés Romeu
  • No bando do NON: Antonio Martínez Ron y Juan Ignacio Pérez Iñako.
View Event →
Sep
21
8:00pm 8:00pm

ESTÁ XUSTIFICADO O USO DE ANIMAIS EN EXPERIMENTACIÓN CIENTÍFICA? VOLVE REGUEIFAS DE CIENCIA

O terceiro debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o mércores 21 de setembro en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria:  dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados. 

Neste caso, os relatores serán: 

  • O equipo a favor da experimentación animal está formado por Fernando Savater (filósofo) e Emma Sánchez (EARA, Asociación Europea para a Investiagación con Animais). O equipo en contra está formado por Óscar Horta (filósofo, profesor na Universidade de Santiago de Compostela) e Eze Paez (avogado, Centre for Animal Ethics da Universidade Pompeu Fabra).
View Event →
Jun
10
8:00pm 8:00pm

Débese cambiar o fuso horario en España?

O segundo debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o venres 10 de xuño en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria:  dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados. 

Neste caso, os relatores serán: Francisco Jorquera (Portavoz do Grupo Parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia) e José María Fernández-Crehuet (Coordinador Internacional de ARHOE e Profesor Doctor Internacional de Economía e Empresa na UDMA) no bando do si. E no bando do non: Jorge Mira (Catedrático Dpto de Fïsica Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e Divulgador Científico) e José María Martín Olalla (Profesor de Física da Universidade de Sevilla).

 

 

View Event →
Apr
8
8:00pm 8:00pm

Son os transxénicos unha opción válida e segura?

Debate-regueifas-transxenicos

O primeiro debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o venres 8 de abril en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria:  dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados. 

Neste caso, os relatores serán: Blanca Ruibal (Amigos da Terra), José Luis Yela (Universidade de Castilla La Mancha), JM Mulet (Universidade Politécnica de Valencia) e Francisco García Olmedo (Universidade Politécnica de Madrid)


View Event →