Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Category: Novas

ESTÁ XUSTIFICADA A MALA SONA DO EUCALIPTO? CUARTO (E ÚLTIMO!) DEBATE DE REGUEIFAS DE CIENCIA 2018

Guillotina Estudio

Regueifas_18_11_Marzo_Eucaliptos

A última Regueifa desta edición 2018/2019 terá lugar o luns 11 de marzo ás 20h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Poucos debates polarizan tanto á sociedade galega nos últimos tempos como o que se xera arredor do eucalipto. Para uns, unha especie invasora que leva décadas ameazando os ecosistemas dos bosques galegos. Para outros, un dos motores económicos claves do país, xerador de emprego e riqueza. Unha cuestión que precisa de moitas lecturas diferentes (social, política, económica, científica…) e que non podíamos deixar de analizar nesta despedida das Regueifas de Ciencia 2018/2019.

Defendendo que a mala sona do eucalipto está xustificada estarán:

  • Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.

  • Adolfo Cordero Rivera, Profesor titular da Universidade de Vigo.

Defendendo o contrario contaremos con:

  • Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Catedrático emérito.

  • Manuel Marey Pérez, Catedrático de proxectos de enxeñaría na Universidade de Santiago.

ATENCIÓN: Ampliamos prazo de preinscrición a Regueifiñas

Leonor Parcero

Cartel_Regueifinhas_2018.png

Lemos e escoitamos as vosas mensaxes e por iso decidimos ampliar o prazo do 12 de decembro ao 21 de decembro para que vos poidades preinscribir en Regueifiñas.

Lembrade que teredes ata o mes de febreiro para preparar e enviar os vosos vídeos e que se precisades resolver algunha dúbida ou facernos algún comentario, podedes escribir a info@regueifas.org.

Ánimo e a polos debates!


Debe ser legalizada a eutanasia? Terceiro debate de Regueifas de Ciencia 2018

Leonor Parcero

Regueifas18_Cartaz_29_NOVEMBRO_V1.png
  • A terceira Regueifa de 2018 terá lugar o este xoves 29 de novembro ás 20h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

  • O debate será retransmitido en directo en regueifas.org/streaming


A eutanasia é un dos grandes debates pendentes. Cada ano cobra máis forza a voz dos que reclaman unha lexislación clara e libre de prexuízos que regule e permita a eutanasia. Con varios países da nosa contorna atendendo dita reivindicación, son, con todo, moitos os que rexeitan esta posibilidade desde moi diversos puntos de vista, tanto relixiosos, como legais ou éticos.

A favor da eutanasia:

En contra:

Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica? Segundo debate de Regueifas de Ciencia 2018

Leonor Parcero

A segunda Regueifa de 2018 tratará sobre a as diferenzas de xénero e celebrarase o luns 22 de outubro ás 20.00h na Facultade de Comunicación da USC

Este debate conta con relatores internacionais, polo que a organización ofrecerá tradución simultánea para quen a necesite, tanto ao público da sala como no streaming

Regueifas de Ciencia, é unha serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos que se celebra por terceiro ano consecutivo.

A actividade está promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Este ano presenta como novidade o certame Regueifiñas, que busca promover esta forma de coñecemento e debate tamén nas aulas de secundaria, bacharelato e formación profesional.

Regueifas18_Cartaz_22_OUTUBRO_GL_V4.png

Na actualidade existe un gran debate sobre en que medida o xénero é unha construción social ou biolóxica.  Existe unha corrente que afirma que o xénero é unha construción puramente social e cultural que se atopa de fronte cós que consideran que hai unha compoñente biolóxica.

 A existencia de roles de xénero complica moito distinguir que similitudes e que diferenzas existen entre homes e mulleres de xeito natural. A interpretación social de ser home ou muller ten outorgado a cada persoa a súa función no mundo antes de nacer, por isto, hoxe fáisenos difícil discernir que hayi de biolóxico e que hai de cultural e aprendido no masculino e no feminino.  Dende a psicoloxía, moitos estudos se teñen centrado en investigar se esta distinción de roles se debe a diferentes aptitudes innatas ou polo contrario, se as desigualdades sociais son as que crearon estas diferenzas.

 Partindo desta problemática, a pregunta que centra o debate é “Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?”

 No equipo do si estarán:

  • Rosalind Arden, Investigadora da London School of Economics

  • Ferran Suay, Profesor de Psicobioloxía na Universtat de València

 

E no equipo do non:

  • Angela Saini, escritora e xornalista. Autora do libro “Inferior”

  • Pilar López Sancho, Profesora de Investigación do ICMM-CSIC e membro da Comisión Muller e Ciencia do CSIC

 

Os debates poden ser seguidos en directo, por streaming ou gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia, que se celebran no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada libre ata completar aforo), por streaming en www.regueifas.org ou poden ser vistos despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

 Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre... e tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano,  Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira... e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.

A terceira edición estreouse o mes pasado cun debate sobre a enerxía nuclear que foi todo un éxito de público.

 

Novidades da terceira edición

Nesta edición de 2018, ademais de manter o formato e de volver a organizar un dos debates con convidados internacionais (o do vindeiro 22 de outubro), Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, un certame de debate dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.

 A organización de Regueifas de Ciencia, formada por profesores, investigadores e profesionais da comunicación científica, agarda neste 2018 continuar coa tendencia e aumentar os datos de público das citas anteriores. Nelas,  o aforo da sala foi completado, nas súas preto de 400 localidades, en varias ocasións e quedou a punto noutras tantas.  A este público hai que sumarlle a todas aquelas persoas que puideron gozar do debate sen necesidade de acudir á sala grazas ao streaming en directo ofrecido ou ás gravacións publicadas posteriormente.

 A actividade está promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, conta tamén coa colaboración de Leonor Parcero&Co

Regueifas de Ciencia volve coa súa terceira edición

Leonor Parcero

  • Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse por terceiro ano consecutivo.

  • A actividade está promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

  • Este ano presenta como novidade o certame Regueifiñas, que busca promover esta forma de coñecemento e debate tamén nas aulas de secundaria, bacharelato e formación profesional.

  • A primeira Regueifa de 2018 tratará sobre: “A enerxía nuclear, é unha opción válida e segura?” Celebrarase o xoves 27 de setembro ás 20h na Facultade de Comunicación da USC

Regueifas18_Cartaz_27_Setembro_FB_V4.png


Temos ao noso alcance máis información que nunca antes, pasamos o día recibindo todo tipo de estímulos, datos e noticias en moi diferentes formatos e aínda así non chegamos a comprender ben moitos dos temas que van aparecendo diante de nós. Con esta actividade de debate preténdese expor e dar a coñecer os argumentos das diferentes posturas ao redor dun mesmo tema, traballando así a prol do coñecemento e tamén por unha toma de decisións, tanto individuais como colectivas, máis informada. 

Nos últimos tempos rexurdiron con forza na sociedade debates que xa foran tratados en edicións anteriores de Regueifas de Ciencia: o uso das técnicas CRISPR, os transxénicos ou, máis recentemente, a posibilidade do cambio horario para España, que se debaterá na Unión Europea. 

Dende a organización de Regueifas de Ciencia agardan “que revisar os vídeos dos debates e o material publicado nas nosas canles axuden á poboación a estar máis e mellor informada e a que poidamos escoller a nosa postura e a nosa opinión baseándonos nos datos científicos dispoñibles”. 

Os debates, en directo, streaming ou gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia, que se celebran no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada gratuíta), por streaming ou poden ser vistos despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden participar dende a casa formulando preguntas aos relatores e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre... Tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano,  Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira... e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.

Novidades da terceira edición

Nesta edición de 2018, ademais de manter o formato e de volver a organizar un dos debates con convidados internacionais, Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, un certame de debate dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional. 

A organización de Regueifas de Ciencia, formada por profesores, investigadores e profesionais da comunicación científica, agarda neste 2018 continuar co labor de formación e divulgación e aumentar os datos de público das citas anteriores. Nas anteriores edicións   o aforo da sala ( 400 localidades) viuse completado, nas súas 400 en varias ocasións.  A este público que participa de modo presencial hai que sumarlle  todas aquelas persoas que puideron gozar do debate sen necesidade de acudir á sala grazas ao streaming  ou ás gravacións publicadas posteriormente.

Primeira Regueifa de 2018 

A primeira cita celebrarase o xoves 27 de setembro e, como xa anticipamos, versará sobre a enerxía nuclear. Logo de escoitar as súas introducións, preguntaremos aos convidados, catro grandes expertos na materia, se a enerxía nuclear é unha opción válida e segura. 

O equipo de expertos favorable á enerxía nuclear contará coa presencia de:

  • Juan José Gómez Cadenas, Físico de neutrinos, profesor no IKERBASQUE. Escritor e divulgador

  • Bernardo Adeva Andany, Catedrático de física atómica e nuclear na USC (Universidade de Santiago de Compostela)

Defendendo a posición contraria intervirán:

  • Ángeles Lopez Agüera, Profesora de Física da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Especialista en desenvolvemento sostible.

  • Marcel Coderch, Enxeñeiro Telecomunicación. Experto Enerxía, sostibilidade e crecemento económico


Esta actividade é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e conta nesta edición coa colaboración de Leonor Parcero &Co.


Bases sorteo de camisetas en redes sociais

Leonor Parcero

Bases para participar a través de Facebook

Sortearemos unha camiseta en Facebook. Para entrar no sorteo dunha camiseta de Regueifas de Ciencia 2017 debes seguir as seguintes instrucións:

  1. Darlle a Gústame á publicación que se indica e que ten o texto seguinte:

[SORTEO] 🎉Queremos premiar a túa fidelidade. Sorteamos unha camiseta de Regueifas'17. Para participar, tes que darlle a Gústame a esta publicación e comentar contándonos dúas cousas antes do martes 12decembro ás 22h:

1. Cal foi a túa Regueifa favorita destas dúas edicións

2. Que tema escollerías ti para unha Regueifa futura

Moita sorte!

--

[SORTEO] 🎉Queremos premiar tu fidelidad. Sorteamos una camiseta de Regueifas'17. Para participar tienes que darle a Me Gusta a esta publicación y comentar contándonos dos cosas antes del martes 12 diciembre a las 22h:

1. Cuál fue tu Regueifa favorita de estas dos ediciones

2. Qué tema elegirías tú para una Regueifa futura

¡Mucha suerte!

(Bases completas del concurso aquí )

2. Responder ás dúas preguntas nun comentario nesa mesma publicación

3.  Facelo antes do martes 12 de decembro ás 22h

4. Os únicos participantes que se terán en conta para o sorteo son os que dean Gústame e realicen comentarios na publicación orixinal de Regueifas de Ciencia. 

Se a atopas compartida noutro muro, ou na páxina de Regueifas debes picar e comentar na publicación orixinal. Todas as demais non serán tidas en conta para o sorteo.

O gañador ou gañadora anunciarase na páxina oficial de Facebook de Regueifas de Ciencia o mércores 13 de decembro.

Bases para participar a través de Twitter

Sortearemos unha camiseta en Twitter. Para entrar no sorteo dunha camiseta de Regueifas de Ciencia 2017 debes seguir as seguintes instrucións:

1. Ser seguidor de @Regueifaciencia
2. Responder aos tuits do sorteo no que se fan as preguntas. Estes tuits terán o seguinte texto:

Galego

[SORTEO] Seguidor de @regueifaciencia?Responde a este chío contándonos 2cousas:

Cal foi a túa Regueifa favorita das 2edicións?

Que tema escollerías ti para unha Regueifa futura?

PARTICIPA antes do martes12 ás 22h E GAÑA UNHA CAMISETA! Bases completas na web  

Castelán

[SORTEO] Seguidor de @regueifaciencia?Responde a este tuit contándonos 2 cosas:

Cuál fue tu Regueifa favorita de las 2edicións?

Que tema escogerías tú para una Regueifa futura?

PARTICIPA antes del martes12-22h Y GANA UNA CAMISETA! Bases completas en web  

3. Facelo antes do martes 12 de decembro ás 22h

Os únicos participantes que se terán en conta para o sorteo son os que respondan directamente aos tuits orixinais de Regueifas.

O gañador ou gañadora anunciarase na conta oficial de Regueifas de Ciencia en Twitter o mércores 13 de decembro.