Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

           

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

- Francisco Jorquera -

Leonor Parcero

Francisco Jorquera, Portavoz do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia.

Francisco Jorquera, Portavoz do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia.


Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Residente na Coruña.


Inicia a súa militancia no nacionalismo no curso 1978-1979 na organización estudantil ERGA, afiliándose nesa mesma época á Asemblea Nacional- Popular Galega. É membro do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación en 1982.

Na súa etapa universitaria foi Secretario Nacional de ERGA e representante desta organización estudantil no Consello Nacional do BNG. Participou na fundación dos CAF (Comités Abertos de Faculdade) e foi membro do Claustro da USC e da Xunta de Faculdade de Xeografía e Historia.

No BNG desenvolveu as funcións de Secretario Técnico dende 1999 a 2003,  Coordenador Executivo dende 2003 a 2009,  Secretario de Acción institucional- Parlamento do Estado dende 2009 a 2012 e Secretario de Acción Institucional- Parlamento Galego dende 2012 a 2016.  Foi, así mesmo, o seu Representante Xeral e Coordenador de Galeuscat polo BNG.

Senador por Galiza no periodo 2005-2008. Dende 2008 ata 2012 foi deputado pola provincia da Coruña no Congreso de Deputados e voceiro do BNG na devandita cámara.

Dende as eleccións autonómicas de outubro de 2012 é deputado pola provincia da Coruña no Parlamento Galego e exerceu como voceiro, entre 2012 e2016,  do Grupo Parlamentar do BNG nesta cámara.