Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Tag: fuso horario

Debemos cambiar o fuso horario en España? Volve Regueifas de Ciencia

Leonor Parcero

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT. É un conxunto de debates con estrutura tipo Oxford que se celebran ao longo do ano 2016 na Facultade de Comunicación da USC.

A primeira “Regueifa” tratou o tema dos transxénicos e agora volve o debate para discutir se é ou non conveniente que España cambie de fuso horario. Será o 10 de xuño ás 20.00h

Partidarios e detractores do cambio fan ouvir as súas voces en medios de comunicación e mesmo a través de representantes políticos, pero coñecemos as consecuencias concretas de cambiar (ou non) de fuso horario?

 

Cada certo tempo, ás veces coincidindo co cambio ao horario de inverno ou verán e outras veces en campaña electoral, ouvimos falar da posibilidade de que España cambie o seu fuso horario. Se o cambio se producise, teriamos a mesma hora que Lisboa ou Londres, pero ademais desta coincidencia con outras cidades europeas, coñecemos as consecuencias dese cambio?

O vindeiro venres día 10 de xuño na Facultade de Comunicación da USC (Auditorio, 20.00h) poderemos coñecer as posibles consecuencias dese cambio con catro voces diferentes defendendo dúas posturas: a favor e en contra, nun debate de tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometradas, unha estrutura por bloques…)

Todos eles son expertos nas súas respectivas áreas e teñen unha opinión moi clara ao respecto:

 No equipo a favor do cambio de fuso horario:

  •  Francisco Jorquera, Portavoz do grupo parlamentario do BNG non Parlamento de Galicia
  • José Martía Fernández-Crehuet, Coordinador internacional de ARHOE (Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois). Profesor-doutor internacional de Economía e Empresa na Universidade a Distancia de Madrid

 No equipo en contra do cambio de fuso horario

  • Jorge Mira, Catedrático do Departamento de Física Aplicada dá Universidade de Santiago de Compostela e divulgador científico
  • José María Martín-Olalla, Profesor de Física da Universidade de Sevilla 

(Currículos completos aquí)

Este segundo debate en xuño, outros dous antes de que acabe o ano 

Regueifas de Ciencia 2016, co lema “Debates intelixentes sobre temas apaixonantes” estreouse o pasado 8 de abril cun debate sobre os transxénicos en alimentación e agricultura. Naquela ocasión, o Auditorio da Facultade de Comunicación encheuse e máis de cen persoas seguiron o debate por streaming. Aquel evento foi gravado e foi visto máis de mil cincocentas veces.

Desde a organización esperamos que este segundo debate resulte tan interesante e atractivo como o primeiro.

Ademais de este, ao longo do ano celebraremos outros dous debates, dos que iremos informando conforme se acheguen as datas.

 

- Jose María Martín Olalla -

Leonor Parcero

José María Martín Olalla é do Departamento de Física Condensada da Mataria da Universidad de Sevilla e doutor en Ciencias Físicas (1997) por devandita universidade. Estudiou enquisas do Uso do Tempo de países europeos (España, Reino Unido, Francia, Italia, Dinamarca e Irlanda) y americanos (Estados Unidos e Canadá) e ten publicado unha serie de artigos sobre o tema na web Politikon.

Sobre o mesmo asunto tamén publicou un traballo na arXiv (sin peer-reviewing) que tivo unha recensión en Physics World e na Revista Española de Física (con revisión). 

Martín-Olalla, José María, ¿Puede la situación geográfica de España explicar las aparentes anomalías de sus horarios sociales?, Revista Española de Física, 29 (2) (2015) 9-15

- José María Fernández-Crehuet -

Leonor Parcero

Coordinador internacional de ARHOE (Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois). 

José María Fernández-Crehuet Santos é doutor internacional pola Universidade Rei Juan Carlos en Economía e Empresa, acreditado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA)  e, na actualidade, profesor  na Universidade a Distancia de Madrid e Universidade Politécnica de Madrid. Tamén é profesor visitante na Universidade de Oxford e London School of Economics, PDD Management Development Program IESE Business School, delegado internacional da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), consultor científico e académico do Instituto Internacional de Ciencias Políticas (IICP) e membro da International Association for Estafe Use Research (IATUR) e do consello asesor do Instituto Español de Resiliencia (IER). Experto en Conciliación e corresponsabilidade. Autor do libro "La Conciliación de la Vida Profesional, Familiar y Persoal: España en el contexto europeo" (Edicións Pirámide, 2016) e de numerosas publicacións científicas. 

- Francisco Jorquera -

Leonor Parcero

Francisco Jorquera, Portavoz do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia.  
  
 
  
    
  
 Normal 
 0 
 
 
 21 
 
 
 false 
 false 
 false 
 
 ES-TRAD 
 JA 
 X-NONE 
 
  
  
  
  
  
  
  
  
  
  
 
 
  
  
  
  
  
  
  
  
  
  
  
  
    
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
   
 
 /* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
	{mso-style-name:"Tabla normal";
	mso-tstyle-rowband-size:0;
	mso-tstyle-colband-size:0;
	mso-style-noshow:yes;
	mso-style-priority:99;
	mso-style-parent:"";
	mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
	mso-para-margin:0cm;
	mso-para-margin-bottom:.0001pt;
	mso-pagination:widow-orphan;
	font-size:12.0pt;
	font-family:Cambria;
	mso-ascii-font-family:Cambria;
	mso-ascii-theme-font:minor-latin;
	mso-hansi-font-family:Cambria;
	mso-hansi-theme-font:minor-latin;}

Francisco Jorquera, Portavoz do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia.


Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Residente na Coruña.


Inicia a súa militancia no nacionalismo no curso 1978-1979 na organización estudantil ERGA, afiliándose nesa mesma época á Asemblea Nacional- Popular Galega. É membro do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación en 1982.

Na súa etapa universitaria foi Secretario Nacional de ERGA e representante desta organización estudantil no Consello Nacional do BNG. Participou na fundación dos CAF (Comités Abertos de Faculdade) e foi membro do Claustro da USC e da Xunta de Faculdade de Xeografía e Historia.

No BNG desenvolveu as funcións de Secretario Técnico dende 1999 a 2003,  Coordenador Executivo dende 2003 a 2009,  Secretario de Acción institucional- Parlamento do Estado dende 2009 a 2012 e Secretario de Acción Institucional- Parlamento Galego dende 2012 a 2016.  Foi, así mesmo, o seu Representante Xeral e Coordenador de Galeuscat polo BNG.

Senador por Galiza no periodo 2005-2008. Dende 2008 ata 2012 foi deputado pola provincia da Coruña no Congreso de Deputados e voceiro do BNG na devandita cámara.

Dende as eleccións autonómicas de outubro de 2012 é deputado pola provincia da Coruña no Parlamento Galego e exerceu como voceiro, entre 2012 e2016,  do Grupo Parlamentar do BNG nesta cámara.

- Jorge Mira -

Leonor Parcero

Jorge Mira, que estará como relator no debate sobre o cambio horario no bando en contra.  Foto: X.M. Casal, La Voz de Galicia

Jorge Mira, que estará como relator no debate sobre o cambio horario no bando en contra. Foto: X.M. Casal, La Voz de Galicia

Catedrático Dpto Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

É licenciado e doutor europeo en física. Catedrático de electromagnetismo do departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ten máis de 100 traballos científicos publicados en revistas de rango internacional (índice h= 22) en diferentes áreas, que van desde as propiedades eléctricas e magnéticas de materiais e a nanotecnoloxía, até a imaxe médica ou a modelización matemática de sistemas sociais.

Como investigador recibiu, entre outros, os seguintes galardóns:

  • Finalista do Premio 'Investigador Novel', da Real Sociedade Española de Física (1999)
  • Premio de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001).
  • Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002).
  • Premio do Colexio Oficial de Físicos de España (2010)
  • XXXIV Premio da crítica Galicia - modalidade de investigación (2011)
  • Mención de Honra - Premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2011)
  • Director do departamento de física aplicada da USC (2006-2014).

Colaborador externo da Secretaría Xeral de Política Científica e Tecnolóxica - Ministerio de Educación e Ciencia - Goberno de España, para a posta en marcha do Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía (2006-2007). 

Membro do consello editorial da Revista Española de Física (2012-). 

Director da colección de divulgación científica da editorial da USC (2012-).

Colaborador desde finais dos anos 90 en varios medios de comunicación: en programas de TVE-Galicia, da Radio Galega, de Onda Rexional Murcia e da Televisión de Galicia. Colaborador do diario La Voz de Galicia, onde ademais é columnista científico.

Creador en 2005 do Programa Conciencia, unha acción de divulgación científica articulada ao redor da visita a Galicia de Premios Nobel (ou o seu equivalente en matemática e ciencias da computación), que dirixe desde entón. No marco deste programa puxo en marcha en 2008 o Premio Fonseca de comunicación da ciencia, de carácter internacional.

Responsable do primeiro nodo español da rede internacional Nerd Nite - nerdnite.com (sesións de microcharlas científicas de aspectos rechamantes en locais de lecer nocturno) (2012-).

Autor dos libros A ciencia no punto de mira (2010) e A que altura está o ceo? (2016)

Comisario da exposición Un mar de xenios no fin da Terra (a máis vista en Galicia en 2013), imparte numerosas conferencias e accións formativas ao ano e realiza outras actividades, por exemplo, a ruta de observación astronómica Ruta das estrelas na Costa da Morte desde o ano 2003.

Polo seu labor divulgativo ten recibido, entre outros, os seguintes premios:

  • Premio 'Física en Acción', da Real Sociedade Española de Física (2000)
  • Mención de Honra do Premio 'Ciutat de lles arts i de lles ciencies de Valencia' (2001)
  • Premio Nacional 'Ciencia en Acción', do Ministerio de Educación e Ciencia e o EIROForum (2005)
  • Medalla de Honra "Ciencia en Acción" (2010)
  • Premio "José María Savirón" de divulgación científica (2011)
  • Premio da Real Sociedade Española de Física - modalidade de ensino e divulgación da física (2012)

Se queres coñecer mellor a postura de Jorge Mira antes do debate, podes ler algúns dos seus artigos sobre o tema:

El huso político

El engaño de la noche

No a las tardes oscuras