Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

           

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

Mulleres e homes, homes e mulleres: A postura de Regueifas de Ciencia

Leonor Parcero

Antes de nada, queremos darche as grazas por seguir Regueifas de Ciencia.

Hai explicacións moi difíciles de dar, pero agora que estamos rematando a segunda edición, imos tratar de facelo.

Desde a organización de Regueifas sentímonos moi comprometidos e prestamos unha atención moi especial á visibilidade da muller na ciencia, pero podes crernos se che dicimos que ás veces non é nada sinxelo, especialmente nalgúns campos.

Por un lado, igual que hai áreas nas que a maioría de investigadoras e expertas son mulleres, tamén pasa ao contrario.

Doutra banda, en moitas ocasións as invitadas orixinalmente non aceptaron participar e por máis insistencia que tivemos desde a organización por convencelas ou por substituílas con outras invitadas igualmente válidas, non foi posible e o evento quedou con presenza unicamente masculina. Non é algo premeditado ou malintencionado. 

O que non podemos (e non debemos, porque temos un compromiso) é deixar de facer un debate porque logo de buscar con todo os nosos esforzos non deamos atopadomulleres de primeiro nivel e referentes no seu campo que estean dispoñibles nas nosas datas.  Ás veces é unha cuestión de axenda e as datas das Regueifas non sempre se poden mover. Cando estamos montando o debate e nos atopamos nesa situación, a calidade e a traxectoria dos convidados está para nós por riba de todo.

Regueifas de Ciencia ten ademais unha dificultade engadida, e é que debemos convidar persoas que se sitúen claramente e estean cómodas defendendo en público unha postura concreta. É dicir, que para estar en Regueifas non é suficiente con ser un experto ou experta recoñecido nun tema. Isto non é que dificulte ter convidados mulleres, é que reduce as opcións en todos os casos.

Ás veces quen ven é unha muller, ás veces quen ven é un home. Pero todos os convidados de Regueifas foron escollidos baixo criterios obxectivos, tendo en conta a súa traxectoria e solvencia, nunca por pertencer a un sexo ou a outro.

Con todo, comprometémonos a seguir facendo esforzos para visibilizar ás mulleres que traballan en ciencia e tecnoloxía. Porque algo sexa difícil non quere dicir que non haxa que traballar para melloralo.

Grazas, de novo, por seguir Regueifas de Ciencia.