Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

           

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

Regueifas de Ciencia, Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre?

Leonor Parcero

Trátase da primeira “regueifa” internacional. O debate desenvolverase en español e en inglés e os asistentes que o desexen terán un sistema de tradución simultánea á súa disposición. É o penúltimo debate da tempada e vén co patrocinio de Portomédica.

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), pertencente ao Ministerio de Economía y Competitividad. Celebrouse por primeira vez en 2016

O terceiro debate desta segunda edición terá lugar o vindeiro martes 7 de novembro ás 20.00h, na Facultade de Comunicación da USC coa pregunta de partida: Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre? O evento será retransmitido en streaming

REDES_GALEGO_Regueifas_17_Cartaz_07_Novembro.png

 

Tras o éxito da primeira edición, que reuniu a preto de 1.500 persoas nos eventos en vivo e de amosar a mesma tendencia nesta edición de 2017, Regueifas de Ciencia encara a recta final desta tempada anunciando unha nova cita para o vindeiro martes 7 de novembro.

 

O tema de debate

Os continuos avances no coñecemento da biomedicina e a tecnoloxía fan que esteamos cada vez máis preto de alongar radicalmente a vida humana. Ante esta posibilidade existen diferentes enfoques e perspectivas. Hai unha corrente que afirma que falta pouco para que vivamos 1000 anos e que a orixe de todas as enfermidades está no envellecemento. Con todo, é fácil atoparse con científicos que consideran que é, como mínimo, pouco realista afirmar que viviremos tanto ou que alcanzaremos a inmortalidade. Tamén hai correntes de opinión que consideran que o envellecemento e a morte forman parte da nosa natureza; que aínda que é obvio que hai que tratar as enfermidades para mellorar a calidade de vida das persoas e evitar mortes prematuras, non é moralmente aceptable cambiar a nosa natureza tan radicalmente e achegarnos á inmortalidade. Por suposto, tamén hai quen expón os retos que suporía o aumento extremo da esperanza de vida a nivel social, demográfico e económico.

En definitiva, atopámonos ante un asunto con moitas caras, perspectivas e dilemas de todo tipo. Un tema perfecto para o desenvolvemento dun debate apaixonante, perfecto para unha Regueifa de Ciencia: Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre?

 

Defenden o si:

Defenden o non:

 

Sobre Regueifas de Ciencia

Ao longo de 2016 e na primeira metade de 2017, saltaron ao ring de Regueifas de Ciencia destacadas personalidades de diferentes campos e debateuse sobre transxénicos, seguridade e privacidade dixital, o posible cambio de fuso horario para España, sobre a relación da alimentación e a industria, experimentación animal en ciencia e mesmo sobre o eterno dilema de se ciencia e fe son compatibles. Algunha das caras máis coñecidas entre os relatores que participaron neste proxecto son Jorge Mira, JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Fernando Savater, Fernando Sánchez Dragó ou Marta Peirano.

Un dos aspectos máis interesantes da iniciativa é precisamente que os relatores teñen perfís moi variados: científicos, filósofos, escritores, investigadores, divulgadores, xornalistas, profesores... logrando conformar entre todos unha magnífica fonte de información para a audiencia sobre temas que, a priori, poderían non ser fáciles de comprender e sobre os que pode custar situarse.

Esta actividade pretende facilitar esta tarefa. Regueifas de Ciencia son eventos de libre acceso (ata completar aforo), que se retransmiten por streaming e que quedan gravados, facendo posible gozar dos debates á carta desde a páxina web (www.regueifas.org) ou a súa canle de Youtube.

 

O debate

O estilo destes debates denomínase tipo “Oxford”, o que implica que hai dous equipos (neste caso formados por dúas persoas), un moderador e tempos pautados para cada intervención (intervencións, réplicas e contrarréplicas).

Ademais, ao final ábrese unha quenda de preguntas para que o público poida resolver as dúbidas que se puidesen quedar despois de escoitar os argumentos das partes.

 

Votación electrónica

Outro dos aspectos innovadores de Regueifas de Ciencia é que o público pode opinar. Antes de empezar co debate, pregúntase ao público con cal das dúas posturas está, realizando unha votación electrónica da que non se publica o resultado.

Ao rematar o debate, o moderador repetirá a pregunta, o público volverá responder, publicando esta vez os datos para comparar se houbo cambios de posición na audiencia.