Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

- Marcel Coderch -

Leonor Parcero

Foto Marcel Coderch.jpg

É Enxeñeiro de Telecomunicacións (UPC, 1976), Master (1979) e PhD en EE&CS polo Massachusetts Institute of Tecnology (MIT, 1983).

De 1983 ata 1999 foi Director de Novas Tecnoloxías e Negocios de Grupo Anaya, Director Técnico do diario El Sol, e participou no lanzamento de Gestevisión-Tele5. Do 1999 ao 2006 foi Director de Internet de Retevisión- Auna, socio fundador de TechFoundries, INOUT TV e MediaXpress. Despois dunha longa experiencia profesional no mundo das tecnoloxías da información e das comunicacións electrónicas e audiovisuais, entre os anos 2006 e 2013 foi Vicepresidente da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) e na actualidade é Presidente da Autoridade Catalá da Competencia.

En paralelo coa súa actividade profesional ten mantido un interese especial na evolución do sistema enerxético e a súa regulación, en especial da enerxía nuclear e as renovables. En 2006 foi relator da Mesa de Diálogo sobre a Evolución da Enerxía Nuclear en España, convocada polo entón Ministerio de Industria e Enerxía, e no 2009 publicou o libro El Espejismo Nuclear. Escribiu numerosos artigos sobre distintos aspectos sociais e económicos da enerxía nuclear en El País, Expansión, 5Dias, Ara, etc. e tamén para o Instituto Elcano, participando en varios debates televisivos e radiofónicos sobre o accidente de Fukushima e a clausura de Garoña.

É membro do capítulo español do Club de Roma, o foi do Consello Asesor para o Desenvolvemento Sustentable da Generalitat de Catalunya e é profesor honorífico da Universidade Politécnica de Catalunya.

Información adicional relacionada coas opinións do relator:

Regueifas de Ciencia volve coa súa terceira edición

Leonor Parcero

  • Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse por terceiro ano consecutivo.

  • A actividade está promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

  • Este ano presenta como novidade o certame Regueifiñas, que busca promover esta forma de coñecemento e debate tamén nas aulas de secundaria, bacharelato e formación profesional.

  • A primeira Regueifa de 2018 tratará sobre: “A enerxía nuclear, é unha opción válida e segura?” Celebrarase o xoves 27 de setembro ás 20h na Facultade de Comunicación da USC

Regueifas18_Cartaz_27_Setembro_FB_V4.png


Temos ao noso alcance máis información que nunca antes, pasamos o día recibindo todo tipo de estímulos, datos e noticias en moi diferentes formatos e aínda así non chegamos a comprender ben moitos dos temas que van aparecendo diante de nós. Con esta actividade de debate preténdese expor e dar a coñecer os argumentos das diferentes posturas ao redor dun mesmo tema, traballando así a prol do coñecemento e tamén por unha toma de decisións, tanto individuais como colectivas, máis informada. 

Nos últimos tempos rexurdiron con forza na sociedade debates que xa foran tratados en edicións anteriores de Regueifas de Ciencia: o uso das técnicas CRISPR, os transxénicos ou, máis recentemente, a posibilidade do cambio horario para España, que se debaterá na Unión Europea. 

Dende a organización de Regueifas de Ciencia agardan “que revisar os vídeos dos debates e o material publicado nas nosas canles axuden á poboación a estar máis e mellor informada e a que poidamos escoller a nosa postura e a nosa opinión baseándonos nos datos científicos dispoñibles”. 

Os debates, en directo, streaming ou gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia, que se celebran no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada gratuíta), por streaming ou poden ser vistos despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden participar dende a casa formulando preguntas aos relatores e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre... Tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano,  Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira... e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.

Novidades da terceira edición

Nesta edición de 2018, ademais de manter o formato e de volver a organizar un dos debates con convidados internacionais, Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, un certame de debate dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional. 

A organización de Regueifas de Ciencia, formada por profesores, investigadores e profesionais da comunicación científica, agarda neste 2018 continuar co labor de formación e divulgación e aumentar os datos de público das citas anteriores. Nas anteriores edicións   o aforo da sala ( 400 localidades) viuse completado, nas súas 400 en varias ocasións.  A este público que participa de modo presencial hai que sumarlle  todas aquelas persoas que puideron gozar do debate sen necesidade de acudir á sala grazas ao streaming  ou ás gravacións publicadas posteriormente.

Primeira Regueifa de 2018 

A primeira cita celebrarase o xoves 27 de setembro e, como xa anticipamos, versará sobre a enerxía nuclear. Logo de escoitar as súas introducións, preguntaremos aos convidados, catro grandes expertos na materia, se a enerxía nuclear é unha opción válida e segura. 

O equipo de expertos favorable á enerxía nuclear contará coa presencia de:

  • Juan José Gómez Cadenas, Físico de neutrinos, profesor no IKERBASQUE. Escritor e divulgador

  • Bernardo Adeva Andany, Catedrático de física atómica e nuclear na USC (Universidade de Santiago de Compostela)

Defendendo a posición contraria intervirán:

  • Ángeles Lopez Agüera, Profesora de Física da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Especialista en desenvolvemento sostible.

  • Marcel Coderch, Enxeñeiro Telecomunicación. Experto Enerxía, sostibilidade e crecemento económico


Esta actividade é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e conta nesta edición coa colaboración de Leonor Parcero &Co.


Bases sorteo de camisetas en redes sociais

Leonor Parcero

Bases para participar a través de Facebook

Sortearemos unha camiseta en Facebook. Para entrar no sorteo dunha camiseta de Regueifas de Ciencia 2017 debes seguir as seguintes instrucións:

  1. Darlle a Gústame á publicación que se indica e que ten o texto seguinte:

[SORTEO] 🎉Queremos premiar a túa fidelidade. Sorteamos unha camiseta de Regueifas'17. Para participar, tes que darlle a Gústame a esta publicación e comentar contándonos dúas cousas antes do martes 12decembro ás 22h:

1. Cal foi a túa Regueifa favorita destas dúas edicións

2. Que tema escollerías ti para unha Regueifa futura

Moita sorte!

--

[SORTEO] 🎉Queremos premiar tu fidelidad. Sorteamos una camiseta de Regueifas'17. Para participar tienes que darle a Me Gusta a esta publicación y comentar contándonos dos cosas antes del martes 12 diciembre a las 22h:

1. Cuál fue tu Regueifa favorita de estas dos ediciones

2. Qué tema elegirías tú para una Regueifa futura

¡Mucha suerte!

(Bases completas del concurso aquí )

2. Responder ás dúas preguntas nun comentario nesa mesma publicación

3.  Facelo antes do martes 12 de decembro ás 22h

4. Os únicos participantes que se terán en conta para o sorteo son os que dean Gústame e realicen comentarios na publicación orixinal de Regueifas de Ciencia. 

Se a atopas compartida noutro muro, ou na páxina de Regueifas debes picar e comentar na publicación orixinal. Todas as demais non serán tidas en conta para o sorteo.

O gañador ou gañadora anunciarase na páxina oficial de Facebook de Regueifas de Ciencia o mércores 13 de decembro.

Bases para participar a través de Twitter

Sortearemos unha camiseta en Twitter. Para entrar no sorteo dunha camiseta de Regueifas de Ciencia 2017 debes seguir as seguintes instrucións:

1. Ser seguidor de @Regueifaciencia
2. Responder aos tuits do sorteo no que se fan as preguntas. Estes tuits terán o seguinte texto:

Galego

[SORTEO] Seguidor de @regueifaciencia?Responde a este chío contándonos 2cousas:

Cal foi a túa Regueifa favorita das 2edicións?

Que tema escollerías ti para unha Regueifa futura?

PARTICIPA antes do martes12 ás 22h E GAÑA UNHA CAMISETA! Bases completas na web  

Castelán

[SORTEO] Seguidor de @regueifaciencia?Responde a este tuit contándonos 2 cosas:

Cuál fue tu Regueifa favorita de las 2edicións?

Que tema escogerías tú para una Regueifa futura?

PARTICIPA antes del martes12-22h Y GANA UNA CAMISETA! Bases completas en web  

3. Facelo antes do martes 12 de decembro ás 22h

Os únicos participantes que se terán en conta para o sorteo son os que respondan directamente aos tuits orixinais de Regueifas.

O gañador ou gañadora anunciarase na conta oficial de Regueifas de Ciencia en Twitter o mércores 13 de decembro.

 

 

Regueifas de Ciencia pechará a tempada 2017 cun debate sobre edición xenética en humanos

Leonor Parcero

regueifa_ciencia_santiago_edicion_xenetica.jpg

“Debemos permitir a modificación xenética en embrións humanos?” é a pregunta de partida do derradeiro debate de Regueifas de Ciencia’17. O debate terá lugar o vindeiro xoves 14 de decembro, ás 20h na Facultade de Comunicación da USC. O evento será retransmitido en streaming

 

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), pertencente ao Ministerio de Economía y Competitividad. Celebrouse por primeira vez en 2016

 

Tras o éxito da primeira edición, que reuniu a preto de 1.500 persoas nos eventos en vivo e de repetir cifras nesta edición de 2017, Regueifas de Ciencia anuncia o que será o derradeiro debate desta tempada: “Debemos permitir a modificación xenética en embrións humanos?”  

 

O tema de debate

Dende que os científicos aprenderon a manexar as ferramentas CRISPR e cortar e pegar anacos de material xenético en calquera célula fíxose mais sinxelo e eficiente, puidéronse modificar con maior seguridade plantas e animais, facer investigación básica xerando modelos de enfermidades que ata o de agora non se podían estudar, desenvolver novos fármacos… mais a aplicación máis esperada desta técnica está no campo da terapia xénica, pois abre un novo horizonte para curar enfermidades para as que ata o momento só existían tratamentos destinados a paliar os seus síntomas.

 

Un estudo internacional no que participa a Pompeu Fabra, publicado hai apenas uns días, mostra que tres de cada catro persoas aprobarían o uso da edición xenética en adultos con fins terapéuticos.

 

Porén, a aplicación desta técnica en embrións humanos é máis polémica. Por unha banda, ao modificar a chamada liña xerminal, os cambios introducidos nun individuo transmitiríanse de xeración en xeración e hai unha corrente de opinión que sostén que aínda sería necesaria moita máis investigación para previr e coñecer os posibles riscos de xerar unha nova estirpe humana. Doutra banda, tamén hai voces discordantes que advirten de que esta técnica podería ser utilizada para a mellora das capacidades, o que conduciría a problemas de euxenesia.

 

E precisamente por todas as posibilidades que ofrece e o grandísimo cambio que podería supoñer, a modificación de embrións humanos é un tema con moitas implicacións científicas, pero tamén éticas. Un tema apaixonante e de actualidade, perfecto para unha Regueifa de Ciencia:

 

Defenden o si:

  • Anna Veiga, do Centro de Medicina Rexenerativa de Barcelona
  • Rita Vassena, Directora Científica do Grupo Eugin

Defenden o non:

  • Lluís Montoliu, Investigador no Centro Nacional Biotecnoloxía CSIC
  • César Nombela, Catedrático de Microbioloxía da Universidade Complutense de Madrid

Os currículos completos dos relatores están aquí

 

Sobre Regueifas de Ciencia

Ao longo de 2016 e na primeira metade de 2017, saltaron ao ring de Regueifas de Ciencia destacadas personalidades de diferentes campos e debateuse sobre transxénicos, seguridade e privacidade dixital, o posible cambio de fuso horario para España, sobre a relación da alimentación e a industria, experimentación animal en ciencia, a busca da inmortalidade e mesmo sobre o eterno dilema de se ciencia e fe son compatibles. Algunha das caras máis coñecidas entre os relatores que participaron neste proxecto son Abrey DeGrey, Jorge Mira, JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Fernando Savater, Fernando Sánchez Dragó ou Marta Peirano.

 

Un dos aspectos máis interesantes da iniciativa é precisamente que os relatores teñen perfís moi variados: científicos, filósofos, escritores, investigadores, divulgadores, xornalistas, profesores... logrando conformar entre todos unha magnífica fonte de información para a audiencia sobre temas que, a priori, poderían non ser fáciles de comprender e sobre os que pode custar situarse.

 

Esta actividade pretende facilitar esta tarefa. Regueifas de Ciencia son eventos de libre acceso (ata completar aforo), que se retransmiten por streaming e que quedan gravados, facendo posible gozar dos debates á carta desde a páxina web (www.regueifas.org) ou a súa canle de Youtube.

 

O debate

O estilo destes debates denomínase tipo “Oxford”, o que implica que hai dous equipos (neste caso formados por dúas persoas), un moderador e tempos pautados para cada intervención (intervencións, réplicas e contrarréplicas).

Ademais, ao final ábrese unha quenda de preguntas para que o público poida resolver as dúbidas que se puidesen quedar despois de escoitar os argumentos das partes.

 

Votación electrónica

Outro dos aspectos innovadores de Regueifas de Ciencia é que o público pode opinar. Antes de empezar co debate, pregúntase ao público con cal das dúas posturas está, realizando unha votación electrónica da que non se publica o resultado.

Ao rematar o debate, o moderador repetirá a pregunta, o público volverá responder, publicando esta vez os datos para comparar se houbo cambios de posición na audiencia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- César Nombela -

Leonor Parcero

Regueifas_ciencia_Santiago_Nombela.jpg

Desde 1982 é catedrático de Microbioloxía da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense de Madrid (UCM). Desde 2001 e 2007 dirixe as cátedras extraordinarias de Xenómica e Proteómica e de Bebidas Fermentadas e Saúde, respectivamente.

Licenciouse en Farmacia e Ciencias Químicas pola UCM e doutourose na Universidade de Salamanca (1972) con Xullo R. Villanueva. Nombela obtivo a súa formación postdoctoral traballando con Severo Ochoa en Estados Unidos e é presidente vitalicio da Fundación Carmen e Severo Ochoa por nomeamento testamentario do Nobel. Foi galardoado co Premio da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), coa Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X O Sabio.

Foi membro do Comité Internacional de Bioética da Unesco (1998-2004), presidente do Comité Nacional Asesor de Ética na Investigación Científica e Técnica (2002-05), vogal do Comité de Bioética de España (2008-12), membro da Academia Europaea, da European Academy of Microbiology, académico de número da Real Academia Nacional de Farmacia e académico correspondente da Academia Iberoamericana de Farmacia.

- Lluís Montoliu -

Leonor Parcero

LluisMontoliu_regueifas_ciencia_santiago.jpg

Lluís Montoliu (Barcelona 1963) é licenciado (1986) e doutor (1990) en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Actualmente é investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB), investigador e membro do Comité de Dirección do Centro de Investigación Biomédica na Rede en Enfermidades Raras (CIBER-ER), do ISCIII, profesor honorario da Universidade Autónoma de Madrid e Director do nodo español do Arquivo Europeo de Ratos Mutantes (EMMA). No seu laboratorio investiga en temas básicos (como se organizan os xenes no xenoma) e aplicados (modelos animais para o estudo de enfermidades raras humanas, como o albinismo). Traballou durante toda a súa vida profesional, desde 1986, con organismos modificados xeneticamente, realizando a súa tese doutoral en xenética molecular de plantas, en millo, e posteriormente os seus estudos centráronse no rato, como modelo animal experimental, desde 1989. Realizou dúas estancias postdoutorais no Centro Alemán de Investigación sobre o Cancro en Heidelberg (Alemaña, 1991-1995) e na Universidade Autónoma de Barcelona (1995-96) antes de incorporarse, en 1997, ao CNB en Madrid. Realizou achegas tecnolóxicas relevantes á transxénese animal, como o uso de cromosomas artificiais, e foi pioneiro na introdución, uso e diseminación da tecnoloxía CRISPR de edición xenética no noso país. Publicou máis de 100 artigos científicos, e é co-inventor de diversas patentes no campo. En 2006 fundou Sociedade Internacional de Tecnoloxías Transxénicas (ISTT) da que foi o seu Presidente ata 2014. É actualmente Presidente da Sociedade Europea de Investigación en Células Pigmentarias (ESPCR) e membro das xuntas directivas de diversas sociedades científicas adicionais (IFCPS, IMGS, ACB). É membro do Comité de Ética do CSIC e do panel de Ética do Consello Europeo de Investigación (ERC) en Bruxelas. Ademais da investigación interésalle e apaixona a bioética, a formación e a divulgación científica.